ACE pide que se garanta a calidade do emprego nos postos de vixilancia dos centros sociais

O grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas-Esquerda Unida denunciou esta mañá en rolda de prensa que o recente concurso para a contratación dun servizo de seguridade privada nos centros de convivencia municipais “segue a permitir a precarización do emprego”.

A formación denuncia que este feito “incumpre abertamente o acordo plenario aprobado o pasado 31 de marzo por unanimidade a iniciativa de ACE-EU, no que se establecía a obriga de incluir cláusulas para garantir a estabilidade e calidade laboral en tódolos contratos celebrados polo Concello de Lugo e en tódalas súas fases”.

ACE denuncia que, pola contra, “nos criterios de avaliación para a contratación da vixilancia dos centros sociais volve a primar a oferta económica, á que se dedican sete puntos sobre dez, mentres que á calidade do emprego só se reserva un punto”

“Esta situación, manifestada repetidamente polos sindicatos, é de sobra coñecida polo equipo de goberno, polo que non é lóxica a aprobación duns pregos que permitan que este tipo de empresas volvan obter un contrato municipal, cando deberían ter prohibido poder concursar tendo sentencias condenatorias firmes por incumprir os dereitos laborais básicos”, apunta Carlos Portomeñe, voceiro de ACE-EU.

.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com