ACE reclama que se eliminen as licenzas urbanísticas e as bonificacións nas taxas ás naves industriais sen uso definido

Na Comisión de Contas celebrada esta mañá aprobáronse tres “Declaracións de especial interese ou utilidade municipal” para naves sen uso definido que se construirán no Polígono de As Gándaras, cos votos a favor de PSOE e PP, e co único voto en contra de Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida.

Dita categoría de “especial interese” supón a bonificación do 50% nas taxas por “concurrir circunstancias favorecedoras do emprego”, requisito que ao parecer de ACE-EU non se cumpre porque nos “Proxectos de Incremento de Persoal” presentados non se especifica un uso concreto para as mesmas que permita establecer qué tipo de postos de traballo se van a crear.

ACE-EU reclama que o Concello de Lugo elimine non só as exencións fiscais, senón tamén as licencias para a construcción de edificios sen uso definido, pois en ambos casos estamos ante un xeito de permitir a especulación urbanística e non un xeito de favorecer a creación de emprego, pois é imposible saber que postos de traballo se necesitarán cubrir se non se coñece a actividade a desenvolver. “Mesmo dende o punto de legal non ten sentido outorgar unha licencia na que non se sinale o uso da edificación, pois deste xeito impídese á Administración pública cumprir a súa función de control de se se trata dun uso permitido ou non polo planeamento urbanístico vixente”, remarca Carlos Portomeñe, voceiro de ACE-EU.

O edil de ACE-EU considera “unha moi boa noticia que varios dos grupos municipais cambiaran o seu parecer con respecto ao de xullo, pasando de votar a favor das declaración a optar pola abstención, e que membros do goberno amosasen na propia Comisión de Contas boa sintonía coa idea de suprimir a posibilidade de bonificación nas taxas para as naves sen uso definido nas ordenanzas fiscais do ano que vén, proposta que xa incluíu ACE na moción de medidas de progresividade fiscal presentada no pleno ordinario de setembro”.

Para ACE-EU trátase dunha medida de urxencia “porque xa se concederon novas licencias sen uso definido para o devandito Polígono Industrial, co cal próximamente haberá novas solicitudes de bonificacións fiscais.

As tres declaración de especial interese para naves sen uso definido aprobadas hoxe na Comisión de Contas, sumánse ás outorgadas no pleno do pasado 30 de xullo a outras catro naves sen uso especificado polos solicitantes, “que para máis INRI presentaran idéntico proxecto, a pesares de pertencer a dúas empresas diferentes (Construcciones Sanle e Iniciativas Roixal), mesmo autor, exactamente o mesmo orzamento e incluso iguais taxas a pagar. Ademais, todas dispoñían a mesma previsión e distribución de persoal: un administrativo e dous postos de ventas, aínda que a actividade económica é descoñecida”.

Para Carlos Portomeñe, voceiro de ACE-EU, “da a impresión de que se fan proxectos como churros, pois os catro proxectos presentaban coincidencias do tipo que se atopan cando se copia nun exame, e as casualidades chegan ao punto de que as licencias urbanísticas para as catro naves foron concedidas na mesma Xunta de Goberno Local, o día 3 de xuño de 2015, e se construirán todas en parcelas contiguas. Por compartir, ata os dous solicitantes comparten celebridade na prensa”. Ademáis, nas tres solicitudes actuais tamén coinciden as previsións laborais: os mesmos tres postos de traballo indicados en todas elas.

ACE-EU defende as bonificacións para o fomento do emprego, pero tendo en conta a progresividade fiscal por nivel de renda e ofrecendo garantías reais de que se xerarán novos postos de traballo. “Non é o mesmo a excensión do 50% para un negocio coa facturación de 1 millón de euros que para outro que factura 40. Nós propuxemos bonificacións nos trámites e licencias de apertura de establecementos comerciais ós autónomos que abran un primeiro negocio, por exemplo. Hai que diferenciar entre axudar aos novos emprendedores e conceder privilexios fiscais a empresas consolidadas”, explica Portomeñe.

O coste do Polígono de As Gándaras ascendeu a 40 millóns de euros e estivo cinco anos sen conseguir vender parcelas. Cando o pasado 4 de marzo de 2015 se puxeron á venda cun prezo reducido do 50%, en tres días vendéronse 25 parcelas a empresarios lucenses. Nese momento o Concello amosou o seu temor á especulación, sen embargo, en 2012 o propio Concello establecera a posibilidade de aprobar licencias para “a construción dunha nave sen uso definido. E precisamente ese foi un tipo de licencia moi solicitada en pleno boom da especulación noutros polígonos, coma no caso do Ceao, que tiña máis parcelas vendidas que ocupación industrial.

Ley 9/2002 de Ordenación urbanística y protección del medio rural de Galicia Artículo 195 3.

“Las solicitudes de licencias que se refieran a ejecución de obras o instalaciones deberán acompañarse de proyecto técnico completo, Dicho proyecto técnico contendrá una memoria urbanística, como documento específico e independiente, en la que se indicará la finalidad y uso de la construcción o actuación proyectada (…)

El peticionario de toda licencia ha de respetar la aplicación de los art. 22.3 RS y concordantes, no es posible otorgar una licencia en la que se señale que el uso de la edificación se determinará posteriormente, todo lo cual impidiría a la Administración cumplir su función de control de si el uso es permitido, o no, por el planeamiento urbanístico vigente. En este sentido, la sentencia del Tribunal Supremo de 10 de marzo de 1998 señala que «con tal conducta se está eludiendo el art. 22.3 RS, en cuanto que el proyecto presentado para la edificación de un inmueble debe hacer mención al destino específico de características determinadas.

Es por ello por lo que, todas las solicitudes que tengan por objeto construcciones o instalaciones de nueva planta así como ampliaciones de las mismas, deben indicar su destino, que debe ser conforme a las características de la construcción o instalación“.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com