ACE solicita a sinalización e alumeado do paso elevado e a calzada que une o cemiterio de San Froilán co barrio de Fondós

Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida denuncia a falta de mantemento e servizos municipais que sofre a zona do Barrio de Fondós, en Esperante. Nel atopase un paso elevado de estrada sobre a autovía, construído polo Ministerio de Fomento, que une o novo cemiterio de San Froilán coas casas da zona, que carece de alumeado público, sinalización horizontal e arcén delimitado. A estrada que continúa ata a zona residencial tampouco está alumeada nin sinalizada, ao igual que o tramo que corresponde á nova entrada do cemiterio.

Os veciños queixanse de que na única parte alumeada, que responde ao punto onde se atopan as casa, a luz é prácticamente imperceptible, o que se suma ao estado de abandono da área por parte do Concello, pois carece de saneamento, traída de auga e beirarrúas.

ACE-EU solicita o pintado e alumeado inmediato do paso elevado e da estrada completa que vai dende o cemiterio ás casas, “pois o perigo para os peóns e conductores da zona é evidente. A calzada é demasiado estreita, polo que é moi perigoso o traxecto a pé de viandantes, que é moi habitual pola afluencia de visitas ao cemiterio. Tendo en conta o aumento recente do tráfico á autovía á Santiago e o tránsito cotián de camións e vehículos pesados debido á cercanía dunha nave industrial de xenética animal, é urxente a actuación dos efectivos municipais antes de ter que lamentar un grave accidente”, explica Carlos Portomeñe, voceiro de ACE-EU.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com