Achádego Teatro finaliza novembro con tres xornadas de Experiencias Teatrais. O Actor Tamár Novas, o Director Jorge Coira ou o dramaturgo Sergi Belbel, entre outros, falarán de creación, actuación e creación de ficción en Galicia. Forma parte do amplio programa organizado para conmemorar o 30 aniversario de Achádego Teatro. Todas as conferencias terán lugar no Auditorio do Vello Cárcere ás 20:00 e ás 18:00.
Achádego Teatro quere celebrar esta especial festa do teatro invitando á reflexión sobre a situación actual da actuación, producción, e escritura en ficción. Para eso organizou estas “Xornadas teatrais” en dúas fases nas que participan un total de 10 ponentes relacionados co mundo da actuación. Un conxunto de conferencias realizado grazas o apoio da Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Lugo.
Arrancarán estas xornas das o día 23 de novembro ás 20:00 horas cunha mesa redonda titulada Galicia para crear ficción, aposta teatral e audiovisual, da man do director de cine, Jorge Coira, xunto ao actor e profesor da USC, Antonio Mourelos e a actriz e prodcutora ede Emedous, Mercedes Castro. As xornadas continuarán o 24 de novembro, ás 20:00 horas coa conferencia A dramaturxia actual, co dramaturgo Sergi Belbel.
Para rematar, o 25 de novembro, ás 18.00 horas os membros de Achádego Teatro organizaron un encontro co actor Tamar Novas para falar de O nacemento e a formación dun actor.