Unha sátira sobre as tertulias radiofónicas será o tema que elixe este ano Achádego Teatro para a súa gala solidaria. O prezo da entrada son 5 euros e irá íntegramente destinado a un fin solidario. Achádego Teatro celebra o seu 39 cumpreanos realizando unha gala benéfica o vindeiro día 2 de decembro no Auditorio Gustavo Freire, en favor dos damnificados pola vaga de lumes rexistrada o pasado outubro na provincia.
Na gala, que dará comezo ás 19.30 horas, a compañía lucense representará Opino de qué unha comedia satírica sobre as catro tertulias de radio que terán lugar na emisora ficticia Lucus Radio, que dedica o seu tempo a debatir temas de actualidade municipal como a zona a 30, a Praia Fluvial ou si se debe desprazar de lugar a Muralla.
O texto está escrito por Lourdes Abuide e Anxo Manoel Lamelo, a dirección é de Antón Sampaio. O ingrediente principal da obra é o humor dado que a compañía busca que “o público ría e disfrute cunhas persoaxes disparatadas que poden estar de igual xeito lonxe ou preto da realidade”. Achádego participa en todas as accións sociais e solidarias e este ano “queremos donar todo o recaudado as familias que sufriron os incendios na provincia de Lugo”. As entradas pódense mercar aos compoñentes do grupo ou no propio auditorio dende unha hora antes da función.