Un sarrián de 79 anos foi atopado na tarde de onte tras desaparecer da súa vivenda durante máis de 31 horas. O home, que apareceu moi desorientado saíra a pasear en torno ás 11 da mañá do pasado sábado, ao pecatarse a súa familia de que o ancián non volvera de regreso, comezaron a súa busca, alertando na mañá de onte á Garda Civil.
A vinte minutos da sete da tarde de onte e tras unha intensa xornada de búsqueda, unha persoa alertou á Policía Local de Sarria de que o desaparecido podería estar nun bar da localidade. Os axentes comprobaron que se trataba do ancián, que se atopaba moi desorientado e que explicou que fora andando ata Portomarín e volvera, tamén a pé. O home foi trasladado ao punto de atención continuada da localidade.