Acisa reclama que sexa en Ribadeo onde se faciliten os pases gratuitos para visitar a praia de As Catedrais. Dende a asociación consideran que debe ser este municipio o máis beneficiado polo plan da Xunta, porque é en Ribadeo onde os empresarios pagan os seus impostos e é o Concello ribadense o que soporta os gastos que ocasiona ano tras ano o areal.