Acondicionado o paseo turístico de Vilavella ás Aceas

O Secretario Xeral do PSOE en Ribadeo, César Fernández Murias, destacou esta mañá que “os veciños de Ribadeo e os turistas poderán pasear con tranquilidade pola enseada, un paseo turístico que vai de Vilavella ás Aceas, unha das zonas referentes do noso Concello, que se atopaba con moita maleza e nun estado lamentable, pois o Alcalde do BNG levaba máis de 4 meses sen rozar”. Fixo estas declaracións tras o acondicionamento por parte do Concello de Ribadeo deste espazo natural de máis de 2,5 quilómetros despois das denuncias dos socialistas e os veciños do municipio.

O Secretario Xeral do PSOE en Ribadeo informou que este paseo, que conta a diario cun gran número de afluencia, é un dos puntos turísticos de referencia de Ribadeo, pois é un enclave que bordea o estuario e pasa pola praia urbana dos Bloques e o antigo muíño de mareas das Aceas, que vai cara o municipio asturiano de Vegadeo.

Este espazo natural é unha pequena ruta moi empregada por deportistas, que lles gusta facer exercicio ao aire libre coas súas bicicletas, correndo pu paseando. Fernández Murias criticou que “a falta de roza por parte do goberno do BNG fixo que o paseo estivera invadido pola maleza, suscitando unha imaxe de total abandono. E poñendo en risco a seguridade de todas as persoas que circulan por este paseo a cotío. Por estes motivos, dende o PSOE de Ribadeo esiximos ao Alcalde que acondicionara esta zona, un dos reclamos turísticos do noso Concello. Os socialistas escoitamos as inquedanzas dos nosos veciños, traballando e levando iniciativas como esta que buscan mellorar a calidade de vida dos ribadenses. É un orgullo que o esforzo que facemos por desenvolver políticas que cubran as necesidades dos nosos habitantes véxanse reflectidas con este tipo de actuacións”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com