Caldiae Factoría Cultural (Codex Cinema, Sala Tebras, etc) ven de asinar un acordo de colaboración coa plataforma Lugonovo para que esta plataforma utilice o espazo que Caldiae ten destinado a eventos artísticos para realizar unha serie de exposicións de mulleres artistas. Estas exposicións teñen como fin dar visibilidade a estas creadoras (pintoras, fotografas, deseñadoras etc) para que o público en xeral coñeza e poda valorar o traballo que están a realizar estas artistas.
A coordinación das exposicións correrá a cargo de Camino Casabella; da montaxe encargase Óscar Pita.
A primeira exposición da creadora luguesa María Mata inaugurarase maña martes ás 20:30 horas en Caldiae Factoría Cultural (hall do Codex Cinema)
Lugar: praza Viana do Castelo, 3
Xul 09, 2019 - 09:07 PM
Certo mata