O Concello e os comerciantes chegaron este mércores a un acordo para garantir a celebración do mercado de Frigsa. Os feirantes mantiveron unha reunión esta tarde coa Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, quen lles aclarou que deberán deixar un corredor de seguridade, esto é, un espazo suficiente, entre os postos de venda, para garantir a seguridade cidadá e o paso de vehículos de emerxencia, debendo adaptar os seus postos e vehículos de apoio ao espazo, ao tempo que lles pediu que, en todo momento, sigan as indicación tanto dos vixiantes do mercado como da Policía Local.
Así mesmo, no único punto do recinto no que non é posible deixar ese corredor de seguridade: a beirarrúa pegada ao aparcamento do auditorio municipal Gustavo Freire, soamente poderán colocar os postos, deixando os vehículos de apoio no aparcadoiro do auditorio. Rielo tamén lles avanzou aos vendedores a vontade do Goberno de manter un diálogo permanente co obxectivo de asegurarlles o desenvolvemento da súa actividade, e recomendoulles agruparse nunha asociación.
Pola súa banda, os comerciantes comprometéronse a deixar en condicións óptimas o recinto feiral unha vez rematado o mercado.