Acordo unánime no PSOE para iniciar os trámites de expulsión de Martínez

A executiva provincial do Partido Socialista de Lugo reuniuse onte ao fío das 20.30 horas para tomar unha decisión sobre o futuro do ex vicepresidente da Deputación e alcalde de Becerreá, Manuel Martínez Núñez. A executiva chegou a un acordo unánime de comezar os trámites de expulsión de Martínez, despois de que incumprira a disciplina de  voto nos dous últimos actos plenarios e nas últimas dúas Xuntas de Goberno.

Asemade, a Executiva culpa a Martínez de, en reunións anteriores aos Plenos e onde todo o grupo tiña “adoptado un acordo sobre a posición de voto por maioría”, ter feito declaracións públicas contrarias “ao ordenamento e marco normativo que aos militantes do Partido Socialista nos é imperativo”.

Segundo se estipula no informe, a executiva provincial decidiu manifestar o seu apoio ao Presidente da Deputación, Darío Campos, tras o cese de todos os seus cargos a Martínez excepto como presidente de Suplusa. No acordo remitido aos medios, a executiva cualifica como “moi graves” os feitos levados a cabo polo alcalde de Becerreá e propón iniciar un expediente disciplinario.

Do mesmo xeito, os socialistas solicitan á Executiva Federal a expulsión provisional de Martínez e deixa convocado un Comité Provincial para dar conta á militancia e aclarar os feitos acontecidos; dado que, segundo o acordo, o acaecido “posiciona ao PSOE na Provincia de Lugo nunha conxuntura que merece reflexión, valoración e a maior transparencia cos nos compañeiros militantes”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com