A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou para hoxe unha alerta laranxa por tormentas e choivas na provincia de Lugo. Segundo informou esta mañá a Vicepresidencia da Xunta, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) advirte de que a partir deste mediodía espérase un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por tormentas e choiva que afectará o centro, montaña e sur da provincia de Lugo. No que se prevé unha precipitación acumulada nunha hora de 30 mm e localmente saraiba e refachos moi fortes de vento.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.