Estas son as actividades que se desenvolverán durante a celebración da Semana de Cine de Lugo:
Venres, 15:
16,30 h. Círculo das Artes-Salón de Columnas. Apertura da exposición de caricaturas de cine de GOGUE, a beneficio de Aspnais. Colabora: Lugo Monumental
Luns, 18:
– 20,00 h.- Salón da Deputación Provincial. Proxección Homenaxe Auxilia. Asistirá Nuria Neira Vila, Delegada de Auxilia en Lugo.
– 22,00 h. Auditorio. Acto inaugural. Música de cine pola Banda Sons e Soños-Banda da Semana de Cine, dirixida por Armando Morales: “La conquista del paraíso”, “Carros de fuego”, “El último mohicano”, Forrest Gump e “Colonel Bogey (El Puente sobre el Río Kwai)” . Debuxos en area de Marcos Escudero. Proxección de corto de Clara Coira. Primeira proxección da Sección Oficial.
Martes,19:
– 18,00 h.– No edificio da Delegación territorial da Xunta en Lugo, inauguración da exposición homenaxe aos Irmáns Coira. Presentación do libro homenaxe, e salutación de Pepe Coira aos asistentes da proxección de “Eloxio da distancia”, primeira das películas da “Retrospectiva Irmáns Coira”
– 20,00 h. Deputación Provincial. Homenaxe a Anxo Arias Prado (Foto Oliver), de Viveiro. Proxección da película “Cardoña. Fotos a 7 pesetas”.
Mércores, 20:
– 20,00 h. Deputación Provincial. Proxección homenaxe a “E para comer, Lugo”. Participarán Cheché Real, Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería, e Alfredo Sánchez Carro, promotor deste eslogan.
Xoves, 21:
– 20,00 h. – Salón da Deputación Provincial. Proxección de “El amigo americano”, elixida polo público como “Mellor película” na primeira Semana de Cine.
Venres, 22:
– Apertura da exposición-homenaxe aos Irmáns Coira na Biblioteca Provincial de Lugo- Estará aberta ata o 4 de outubro.
– 19,00 h. Salón de columnas do Círculo das Artes. Gogue asinará reproducións das súas caricaturas, a beneficio de Aspnais. Asistirá o Presidente desta entidade, José Reigosa.
– 20,00h.- Salón da Deputación. Salutación de Pepe Coira aos asistentes á proxección do capítulo especial de “As leis de Celavella”.
Sábado, 23:
– 13,00 h.- Paseo do cine. Descubrimento das dúas novas placas do Paseo, dedicadas aos Irmáns Coira (asistirán Pepe e Xurxo Coira), e a Eduardo Fajardo