Actividades para hoxe martes na Semana de Cine

Hoxe martes 20 de setembro terán lugar dentro da Semana de Cine de Lugo as seguintes actividades:

Na Biblioteca Provincial de Lugo ás 17,30.- Inauguración da Exposición “Centenario de María Casares” e presentación do libro homenaxe editado pola Semana de Cine de Lugo. Na pantalla da exposición exhibiranse entrevistas efectuadas a actriz.
Ás 18,00.- Comezan as proxección do ciclo “Homenaxe a María Casares”

Na Deputación Provincial ás 20,00.- Homenaxe ao fotógrafo Miguel Díaz Fernández, (Ribadeo, 1933)

E ás 20,00 horas, vaise exhibir no Auditorio Gustavo Freirea película  LO QUE NUNCA TE DIJE PERO DEBIERA HABERTE DICHO (Ciclo Cine das Nacionalidades) do director madrileño JUANJO CASTRO, que presentará aos lucenses a súa película.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com