Activistas pro Palestina pintas as sedes de PP, Psoe e Vox

Durante a pasada noite, acivistas en contra do xenocidio que ese esta a levar a cabo en Palestina, fixeron pintadas e pegaron cartaces nas sedes do PP, Psoe e Vox”.

“As sedes lucenses dos partidos políticos PSOE, PP e Vox foron esta noite obxecto de denuncia pola súa complicidade no xenocidio do pobo palestino”. “Os partidos sinalados votaron en contra ou abstivéronse no Congreso dos Deputados ou no Parlamento Europeo de frear o comercio de armas con Israel e cortar as relacións diplomáticas e comerciais”.

“Palestina sofre máis de 31.000 persoas asasinadas e 7.000 desaparecidas baixo os cascallos, o que sería unha terceira parte da poboación de Lugo, sen esquecer as innumerables persoas presas nos cárceres do estado sionista pechadas e torturadas, incluídas crianzas”. “Son 76 anos, dende 1948, de ocupación, colonialismo e apartheid”. Denuncian

Reaccións de PP e Psoe

Tralos sucesos o Secretario Xeral del PP, Javier Vázquez Nodal, anunciou que o Partido Popular “adoptará todas as medidas ao seu alcance para dirimir quen está detrás destes feitos.
Dende o PP condenan esta acción “que pon no punto de mira a persoas con nome e apelido vinculadas ao Partido Popular sinalizándoas de ser cómplices dun xenocidio. Lamentamos profundamente “a polarización e o odio ao PP que alentan deteminados grupos políticos que se presentan diante da sociedade como moderados”

Pola súa banda, o Secretario Xeral do PP aproveitou para “pedir unha condena rotunda e sen tibieza ao BNG sobre estes feitos que son contrarios á democracia e van en contra da convivencia  fomentando a crispación e xerando unha tensión innecesaria”

 O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, manifestou este mércores o total rexeitamento e condena dos socialistas aos actos vandálicos rexistrados a pasada madruga contra a sede do PSOE e as doutros partidos na capital lucense.

 

José Tomé considera lamentables e inxustificables estes feitos, e subliñou a postura que está a manter o PSOE e o Goberno de España en defensa do pobo palestino.   Neste sentido, lembrou que o Presidente do Goberno, Pedro Sánchez, condenou a matanza indiscriminada de civís palestinos inocentes en Gaza”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com