Activo un incendio en Cervantes, na parroquia de Donís

A Consellería do Medio Rural informou dun lume forestal activo arestora no concello lugués de Cervantes, parroquia de Donís, que segundo as primeiras estimacións afecta unhas 20 hectáreas de monte raso.

O incendio comezou onte ás 18,08 h. parece que provocado por un raio e arestora permanece activo. No control deste lume traballan 3 axentes, 13 brigadas, 2 motobombas e 4 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembrou que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com