A Consellería do Medio Rural informa dun lume activo no concello de Quiroga, parroquia do Hospital.
O incendio iniciouse ás 0:03 h. desta medianoite e, segundo as primeiras estimacións, supera as 20 hectáreas. Para a extinción do lume mobilizáronse ata o de agora 5 axentes, 11 brigadas, 7 motobombas e 1 pa e, a maiores, ao longo da mañá incorporaranse varios medios aéreos.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.