Activo un lume na Fonsagrada que queimou unhas 20 hectáreas

A Xunta vén de informar de que permanece activo un lume no Concello da Fonsagrada que queimou xa unhas 20 hectáreas. O lume rexistrouse na parroquia de Paradavella, onde xa están traballando os medios de extinción.

Mentres continúa controlado aínda que non extinguido o lume que se iniciaba este domingo en Chantada, no Monte Faro, e que segundo as estimacións da Xunta queimou xa unhas 106 hectáreas de Rede Natura. O incendio afecta á parroquia de Requeixo. Na súa extinción traballan uns 13 helicópteros, 3 avións e 40 brigadas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com