O lume comezaba ás 14:09 horas na parroquia de Neira de Rei, no Concello de Baralla e xa supera as 20 hectáreas.
Durante toda a tarde levan traballando na súa extinción un técnico, cinco axentes, trece brigadas, nove motobombas, un pa, sete helicópteros e tres avións.