O vindeiro sábado 8 de xullo ás 18.30 está prevista, na igrexa de Quintá de Cancelada, a presentación do libro “Huellas y acción de un alma rural”, cuxo autor e editor e o avogado coruñés Antonio Álvarez González, natural deste lugar.
A principal protagonista e fío condutor da historia antropolóxica da obra é Serafina González Fernández, natural de Freixo, no concello da Fonsagrada, casada e veciña de Quintá de Cancelada ata o seu falecemento o 12 de setembro. Unha vez rematado o acto, daranse a coñecer novas de interese relacionadas co labor cultural e medio ambiental de Castaño y Nogal.