Acto reivindicativo dos Fotoxornalistas de Galicia fronte as instalacións do C.D Lugo

O Colectivo Profesional de Fotoxornalistas de Galicia realizará mañá un acto reivindicativo ás 19:30 horas fronte ao estadio Anxo Carro. O obxectivo é reclamar o dereito á información ante a imposibilidade de que estes profesionais gráficos poidan acceder aos adestramentos, así como aos partidos onde a Liga de Fútbol Profesional intenta instaurar un pool cos seus propios servizos fotográficos.

Amparándose no artigo 39.6 da orden SNA/399/2020 do 9 de maio publicada no BOE polo Ministerio de Sanidade en contradición á consideración dos medios de comunicación como actividade esencial ante os cidadáns e causando un grave prexuízo tanto laboral como profesional para máis de 4000 foto- xornalistas de este país. Alí  procederase á lectura dun manifesto redactado en común por todas as Asociacións e Colectivos de Fotógrafos e Informadores Gráficos a nivel nacional.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com