Un equipo de fútbol formado por actores e xornalistas madrileños e outro constituido polos seus colegas galegos competirán o día 7 de outubro en Lugo nun encontro con dous obxectivos irrenunciables: obter a vitoria honrosa no partido e recadar fondos para a asociación Aspnais.
A fin de que o espectáculo resulte brillante, os actores prometen non facer teatro e os xornalistas confían “en non retransmitir as súas intencións”. O encontro, que se enmarca dentro das festas do San Froilán, se disputará ese sábado ás 18.00 horas no estadio Anxo Carro e nel participarán caras coñecidas como Ricardo Gómez, Carlitos na serie ‘Cuéntame’, Carles Francino, Álvaro Monje o Jimmy Castro así como xornalistas de recoñecida carreira como Nacho Carretero, Álex Grijelmo, Fermín de la Calle ou Nicolás Castellano, entre outros moitos. O equipo galego será reforzado na porteiría polo exgardameta do Real Madrid, Paco Buyo.
Todos eles, apaixoados do futbol que acoden a este partido coa intención de demostrar o talento que perderon todos os equipos que os rexeitaron. Os actores e xornalistas que xoguen o partido accederán a firmar autógrafos e facerse fotos cos afeccionados que acudan a felicitalos.
Esta iniciativa, coa que se pretende recadar fondos para a Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo (Aspnais), conta coa axuda do Club Deportivo Lugo e cos patrocinios de Desguaces Herbón e CódigoCar.