Acumulacións de neve e xeo durante a pasada noite na montaña

As condicións tan extremas que se rexistraron durante a noite, as peores neste temporal de neve, fixeron necesaria a intervención a pleno rendemento do dispositivo invernal da Deputación, que mantén activado o Plan de Emerxencia para facer fronte ás acumulacións de neve e xeo.

Desde primeiras hora da mañá, un total de 46 operarios e 21 máquinas están traballando no acondicionamento de 38 estradas provinciais en 14 Concellos. Arestora transítase con dificultade nas seguintes vías, nas que se está traballando desde primeiras horas da mañá:

Baleira: LU-P-0401 “de Corveira, por Corneas ao Restelo”; LU-P-0401 “De Corveira, por Corneas a Restelo”.

Becerreá: LU-P-0702 “da estrada de Becerreá a Navia por San Román de Cervantes a Degrada”, LU-P-0708 “de Becerreá a Louxas”.

Courel: LU-P-1303 “De Seoane por Visuña a Ferramulín”; LU-P-4505 “de Poio por Louzarela a Teixeira”; LU-P-5004 “de Cruz de Outeiro por Seara a Ferramulín”; LU-P-1301 “de Seoane de Courel á estrada de Pedrafita a Palas de Rei e Rampas, A Piñeira e Vilela”.

Cervantes: LU-P-1401 “de LU-P-723, por Degrada e Piornedo ao límite provincial”; LU-P-1404 “de San Román a Quindós”; LU-P-1405 “de Campa da Braña a Tres bispos”; LU-P-1411 “de Vilanova ao Portelo”; LU-P-1412 “de Quindós a Robledo, en Pena do Santo a Setecarballos”; LU-P-0702, “da estrada de Becerreá a Navia, por San Román de Cervantes a Degrada”

A Fonsagrada: LU-P-3601 “de Acebo a Negueira de Muñiz”

O Incio: LU-P-2505 “de Foilebar, por Lamarredonda a Aira Padrón”.

Navia de Suarna: 3501 “Paradela ao Alto do Restelo”; LU-P-3502 “de Muñis a Rao”; LU-P-3508 “De Rao por Murias a Balouta”.

Negueira de Muñiz: LU-P-3601 “de Acebo a Negueira de Muñiz”; LU-P-3602 “de Acebo a Negueira por Ouviaña a Asturias”.

As Nogais: LU-P-3701 “de As Nogais, por Pintinidoira á 4504”; LU-P-4503 “de San Pedro, por Busnullán e Vilasol a Nullán”; LU-P-0707 “de Armesto por Tores, As Nogais”; LU-P-3702 “de As Nogais por Nullá a Lamas”.

Pedrafita: LU-P-4504 “de Pedrafita ao Portelo”; LU-P-4503 “de San Pedro por Busnullán a Nullán”; LU-P-4505 “de Louzarela por Queixadoiro a Filloval”; LU-P-1301; LU-P-1304 “de Mostade por Romeor a Casares”.

Quiroga: LU-P-5004 “de Cruz de Outeiro, por Seara e Ferramulín ao límite provincial”; LU-P-5002 “de Quiroga por Parteme a Vilar de Lor”; LU-P-5005 “de Alto de Aldriz a Vilar de Lor”.

Ribeira de Piquín: LU-P- 1906 “de Pedrafitelas, por Vilares a Os Cangos”.

Samos: LU-P-5603 “de Aira Padrón, por Ponte de Louzar a Praducelo”; LU-P-5601 “de Samos a Courel e Rampa Sta. Mariña”.

Triacastela: LU-P-3702 “de As Nogais, por Nullán a Lamas”; LU-P-6201 “de Triacastela, por Alto da Albela a Guilfrei”

Hai que ter en conta que á neve caída na noite de onte hai que unir unha fortísima xeada. Para o acondicionamento destas vías, reforzouse o operativo que o organismo provincial tiña previsto. En total, mobilizáronse 12 máquinas quitaneves con coitela ou cuña e saleiro, 6 medios de intervención rápida “pick up” con coitela ou cuña e saleiro e 3 coches de apoio provistos de medios mecánicos como picos ou palas para facer fronte a derrubamentos ou caídas de árbores, entre outros.

O Goberno da Deputación manterá o dispositivo de inverno activado pois a previsión é que continúe nevando ao longo do día. A este continxente uniranse tamén se fose preciso os medios dispoñibles do Parque Móbil para garantir a seguridade da rede viaria provincial.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com