ADEGA considera que as caldas proxectadas en Lugo son “un despilfarro enerxético”

“As actuacións que o goberno local de Lugo acomete contra o Río Miño, poñen de manifesto a falta de sensibilidade e recoñecemento dos seus valores naturais”, así denunciaba esta mañá ADEGA, mediante un comunicado aos medios, o proxecto de Caldas do Miño que o Concello quere facer en Lugo. Segundo lembra a asociación, o río Miño está catalogado dentro da Rede Natura 2000, “recoñecemento que o Concello toma como impedimento mais que como riqueza.

Para a asociación, estas Caldas semellan “o antollo de alguén totalmente alleo á situación de emerxencia climática”, debido a que o proxecto contempla a construción dunhas “piscinas de auga quente”, que será tomada do abastecemento e quentada con aerotermia. “É un gasto enerxético totalmente prescindible, cuxo mantemento vai xerar emisións de CO2, superiores ás que tería unhas piscinas con auga termal natural”.

“Deberan tratar de buscar medidas para reducir as emisións de CO 2 actuais, e non implantar novas instalacións totalmente innecesarias, e que supoñen un custo enerxético, por moi eficientes que sexan”, considera ADEGA que opina tamén que se están a malgastar recursos enerxéticos e ambientais para implantar espazos de esparcimento lúdico “que xa existen, pero privatizados”. Fai referencia así, a asociación, ao Club Fluvial ou ao Balnerio.

“Se realmente hai unha necesidade social, haberá que recuperar as termas naturais existentes e non crear termas artificiais que redundan en prexuicio de todos a nivel económico e a nivel ambiental. En vez de ocupar os espazos naturais con novas infraestruturas deberán destinar eses cartos a recuperar os espazos naturais de mans provadas”, conclúe ADEGA.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com