ADEGA e AEMS instan ao Goberno de Lugo a incorporar no PXOM todos os ríos e regatos do municipio

Ante a previsión de que o Concello de Lugo vai levar ao pleno o vindeiro venres a cuestión do 5% do PXOM que quedaba pendente de aprobación debido ás deficiencias indicadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, ADEGA e AEMS Ríos con Vida veñen de enviarlle un escrito aos membros da corporación municipal de Lugo para que teñan en conta no debate toda a documentación presentada no seu día no Concello por estas entidades, na que mostraban importantes deficiencias no grafado e identificación da rede fluvial municipal.

ADEGA e AEMS Ríos con Vida elaboraran hai 7 anos un exhaustivo estudo técnico no que se comprobou sobre o terreo que uns 45,8 quilómetros de ríos e regos non están representados no novo Plan Xeral de Ordenación municipal (PXOM) de Lugo, sendo un total duns 400Kms segundo as nosas estimacións, que ficarían fóra de toda planificación e que poderían atoparse en risco ante o desenvolvemento urbanístico proposto polo goberno local. Un traballo técnico moi rigoroso, no que se determinou o trazado de 20 cursos fluviais non incorporados no PXOM. 3 anos antes xa se realizara un estudo higrolóxico e hidráulico para a delimitación de zonas inundables no treito medio-alto do río Rato, demostrando que máis de 3Kms deste curso non estaban protexidos.

Ambos estudos foron entregados reiteradamente no Concello de Lugo para que este reparase oportunamente tales deficiencias no documento urbanístico, co obxectivo de defender e preservar adecuadamente todos os ecosistemas fluviais existentes no termo municipal de Lugo.

Por iso, dende ADEGA e Ríos con Vida, seguimos consideramos fundamental que estes informes técnicos se teñan seriamente en conta de cara a aprobar a totalidade do PXOM de Lugo. 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com