Adega e Amigos do Patrimonio de Castroverde organizan un roteiro polas parroquias de Furís e Páramo

Adega, en colaboración con Amigos do Patrimonio de Castroverde, organizan un novo roteiro polas parroquias de Furís e Páramo, dentro do programa Tecendo Redes, para o vindeiro domingo 19 de xaneiro. Cun desnivel aproximado de 300 m e unha lonxitude de 17 km, a duración prevista será dunhas 4 horas e media.

O roteiro comeza e remata ao pé da igrexia de Furís (San Estevo). A través de camiños rurais sen asfaltar na meirande parte do percorrido, os participantes poderán coñecer elementos de gran interese ambiental como son o carballal de Furís, algunhas árbores senlleiras e os afluentes do río Tórdea; e bens patrimoniais de gran valor histórico cultural como xacementos arqueolóxicos, igrexias, capelas e cruceiros, construccións etnográficas, e ademais camiñaremos nalgún tramo pola Vía Romana XIX.

Os participantes gozarán, asemade, de fermosas vistas da Fonsagrada, Ancares, as Terras do Páramo, Corgo ou Lugo. Dende ADEGA advirten que é preciso reservar praza e, para iso, establecen a data límite no xoves 16 de xaneiro ás 14 horas. Pódese facer ou ben chamando ao 982240299 ou a través da web roteirosadegalugo.wordpress.com.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com