Adega Lugo presenta o programa de roteiros ‘As Montañas : Gardiás da nosa historia’

Adega Lugo presenta o programa de roteiros 2023/2024 ‘As Montañas : Gardiás da nosa historia’. O primeiro dos roteiros terá lugar este mesmo domingo e será a Palacios de Compludo, aldea na que a Asociación de Estudos Ornitolóxicos do Bierzo ‘Tyto Alba’ fundou a Reserva ornitolóxica en 1999.

O percorrido será duns 10 quilómetros e de dificultade media a través de carballeiras, e os participantes terán a oportunidade  de visitar varias fervenzas. As prazas son límitadas a 35, e para reservar é preciso facelo a través do formulario da páxina dos roteiros de Adega-Lugo antes do venres.

Os seguintes roteiros a visitar serám:
• 17 Decembro: Baralla (Neira de Rei).
• 21 Xaneiro: Lugo (Adai)
• 18 Febreiro: Soutomerille, Barredo, polo Concello de Castroverde.
• 17 Marzo: Os Canóns do Sil
• 21 Abril: Ollando Asturias dende A Fonsagrada
• 26 Maio: Visita ao Castro de San Cibrao de Lás, O Lámbrica.
• 16 Xuño: Muras-Viveiró

Ao igual que no primeiro roteiro, para asistir é preciso formalizar a reserva a través da bitácora de Roteiros de ADEGA-Lugo. Están abertos á participación de público de todas as idades aínda que os socios de Adega gozarán de desconto no prezo, así como as persoas que están estudando, en situación de desemprego ou os menores de 14 anos.
O prezo xeral é de 22 euros; para os socios de Adega, 15 euros; estudantes ou en paro, 17 euros; e ata os 14 anos, 6 euros.

Para máis información, tamén se pode chamar ao teléfono 982 24 02 99 ou escribir a adegalugo@adega.gal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com