Durante o mes de xullo, a Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (ADEGA) organiza obradoiros, andainas e visitas, cun eixo central, os catro elementos da natureza. Estas xornadas de verán naceron para axudar á identificación do ser humán ca natureza, representada polos catro elementos primordiais definidos por Aristóteles.
O LUME representa a enerxía, sen a cal os ecosistemas non poden funcionar. Neste obradoiro, traballarase o manexo da enerxía solar no uso cotiá.
A ATMOSFERA. Traballarase este elemento, observando o seu movemento (vento) e as suas aplicacións prácticas e lúdicas. Neste obradoiro aprenderase a fabricar papaventos con materiais naturais e de refugallo aprendendo a voalos.
A AUGA, no seu estado líquido é o elemento que caracteriza o noso planeta. Imprescindible para a vida, infelizmente está sendo moi agredida polo estilo de vida actual.
A TERRA é a base e o sustento de toda a vida, mais tamén pode servir como material de construción ou para a fabricación de utensilios domésticos.
O calendario das actividades é o seguinte:
LUME: Obradoiro Cociñando co sol, o sábado 4 de xullo ás 10h na Praza Maior diante do Concello.
AIRE: Obradoiro Fabricación de papaventos, o sábado 11 de xullo ás 10h, no Parque do Miño.
AUGA: Andaina na búsqueda das fontes de Lugo. O sábado 18 de xullo, ás 10 h. Punto de encontro no Pazo de San Marcos.
TERRA: Visita a unha olaría en Bonxe. O 26 de xullo ás 10h.
Para todas as actividades é preciso reservar praza chamando ao 982240299 ou escribindo a adegalugo@adega.gal, indicando nome apelidos, e teléfono de contacto. As prazas son limitadas a 15 persoas, agás o obradoiro de fabricación de papaventos, que é de 10 persoas. Todas as actividades son de balde. É necesario o uso de máscara en todas as actividades.