Adega organiza este domingo unha limpeza no río Rato

A delegación de Lugo de ADEGA organiza este domingo unha nova limpeza de ríos, concretamente nun treito do Río Rato á altura de Albeiros, dende ás 11h ata as 14h.

Esta actividade xorde ante a necesidade de retirar o lixo existente no río, procedente na súa meirande parte da mala xestión doméstica, nomeadamente as toalliñas, preservativos, paus dos ouvidos… que se botan polo wc, e que rematan no río cada vez que as grandes choivas saturan as canalizacións de augas suxas e os pozos de tormenta liberan estas augas, con todo o que conteñen ao río.

O obxectivo desta actividade é a concienciación social que entre todos e todas realizamos, axudando con pequenas accións a manter un bo estado de conservación nos nosos ecosistemas fluviais.

Para participar na actividade é preciso inscribirse antes do venres 4 de febreiro ás 14h chamando ao 982240299 ou escribindo un correo electrónico a adegalugo@adega.gal, indicando nome apelidos, DNI, e teléfono de contacto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com