ADEGA presentará á veciñanza as alegacións á planta de biometano en Coeses

A delegación de Lugo de ADEGA convoca un acto público para presentar as alegacións elaboradas ao proxecto da planta de xestión de residuos orgánicos e biometanización en Lamablanca (Coeses). Nel poñerá a disposición da veciñanza as alegacións ao proxecto para que as presente no período de información pública establecido, que remata o vindeiro mércores, 10 de xullo.

O acto desenvolverase no local social de Soñar (no campo da festa) o próximo luns 8 de xullo a partir das 20:00h, e estará dirixido á veciñanza e a todas as persoas que teñan interese en coñecer o proxecto e as alegacións elaboradas por ADEGA.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com