ADEGA propón unha ducia de novas Árbores Senlleiras no día dos bosques

O 21 de marzo foi declarado pola ONU Día Internacional dos Bosques, coñecido tamén como o Día da Árbore. Os bosques son fundamentais para regular a temperatura, almacenar carbono, manter a biodiversidade e outros moitos servizos ecosistémicos imprescindíbeis para as sociedades humanas.

A asociación ecoloxista denuncia que son poucas as arbores ou espazos boscosos protexidos en Galiza, polo que aseveran que o “Catálogo non está á altura do inmenso patrimonio forestal que acubilla o noso país, mesmo considerando que un bosque non é o mesmo que unha plantación forestal. As 168 árbores e 44 formacións forestais representan unha ínfima parte dun enorme acervo natural e cultural que cómpre coidar e acrescentar, malia ao desleixo institucional e ao arboricidio sistemático practicado por algúns concellos”.

Doce novas propostas de árbores e formacións senlleiras

ADEGA vén de trasladar ao Comité das Árbores Senlleiras 12 propostas de nova inclusión para a protección doutras tantas árbores e formacións senlleiras. Trátase de exemplares superlativos que na maioría dos casos unen as súas excepcionais características dendrométricas ou rareza cun destacado valor etnográfico e patrimonial. Son monumentos vivos que cómpre coidar e preservar polo seu valor intrínseco mais tamén como patrimonio para as xeracións vindeiras.

A proposta está integrada, como xa queda dito por  11 arbores e unha carballeira situados en diferentes concellos galegos. As da provincia de Lugo son varios teixos como son o de (Vilarbacú en Quiroga e outro en Noceda, Folgoso do Courel.
As doce propostas son todas “verdadeiramente excepcionais no caso do teixo de Vilarbacú (na imaxe), é o de maior circunferencia de Galiza”.
Con estas propostas, dende ADEGA queremos facer un chamado á necesidade de conservar este patrimonio, tan frecuentemente esquecido e maltratado, e cuxa conservación dá tamén unha medida do grao de civilización dunha sociedade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com