Adiado o concerto homenaxe a Xela Arias ante a previsión de mal tempo para este sábado

A Concelleira de Muller e Igualdade, Silvia Alonso,  vén de comunicar que queda adiado o concerto homenaxe a Xela Arias, programado o 15 de maio ás 13:00 horas no Parque de Rosalía, ante a previsión de mal tempo para este sábado.

Concretamente, trátase dunha interpretación de dez poemas de Xela Arias, homenaxeada nas Letras Galegas 2021, musicados por Eloi Caldeiro; enmarcada na programación organizada pola Concellería de Muller e Igualdade que ten como obxectivo visibilizar a aportación das escritoras galegas á cultura e á igualdade da muller como creadora a través de Xela Arias. Os vindeiros días anunciarase a nova data da actuación.

Por outra banda, mantense a Ruta Literaria, organizada tamén para este sábado, ás 11:00 horas. As prazas xa están cubertas existindo lista de agarda. Quedan prazas vacantes nas andainas dos sábdos 22 e 29 de maio. As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao 010 ou a través do 982297350 para os de fóra de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com