“Contamos” a coalición de partidos que se presenta ás eleccións para acadar representación na Deputación de Lugo, remata de incorporar unha nova candidatura a esta iniciativa. A candidatura do Corgo, Adiante polo Corgo, está encabezada por Nuria Mera Balboa, que ocupou o terceiro posto nas listas do Psoe nas anteriores eleccións municipais por este concello e Marta López Abeledo, que ocupara o segundo lugar na mesma lista nas anteriores eleccións á alcaldía do Concello de O Corgo.
Con esta incorporación, “Contamos” presentará listas en: Becerreá, Sarria, Samos, O Páramo e O Corgo.
En Becerreá, o candidato será o actual alcalde, Manuel Martínez; Sarria contará con Claudio Garrido ao fronte da lista; en Samos repetirá o concelleiro, Xosé Real; en O Páramo, o ex-alcalde do PP Gumersindo Vázquez; e en O Corgo, como xa queda dito, será Nuria Mera.
A coalición segue a medrar e en vindeiras datas podería pecharse a candidatura de Meira, así como outras coas que se está a traballar en diferentes Concellos do partido xudicial de Lugo.