Adif adxudica a redacción do proxecto de estación ferroviaria de Lugo

Adif aprobou a adxudicación dos servizos de consultoría e asistencia técnica para a redacción dos proxectos básico e de construción da nova estación de ferrocarril de Lugo e do aparcamento subterráneo de vehículos ligado ás futuras estacións de ferrocarril e autobús, todo iso no marco da nova área de transporte intermodal deseñada para a cidade.

O proxecto inclúe tamén un paso inferior entre as plataformas da estación ferroviaria, de uso exclusivo para os usuarios do ferrocarril, outro paso inferior peonil de uso libre, que conectará ambos os lados da canle ferroviaria, así como a urbanización e integración urbana de toda a actuación. O contrato de servizos foi adxudicado á UTE formada polas empresas INES Enxeñeiros consultores e L35 Arquitectos por importe de 779.745,57 euros -IVE incluído-e un prazo de execución de 15 meses.

Deste xeito dáse cumprimento ao expresado polo ministro de Fomento, José Luis Ábalos, e a presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, durante a presentación, o pasado 4 de marzo, do ‘Anteproxecto da nova área de transporte intermodal de Lugo’.

O proceso posto en marcha segue o establecido no devandito anteproxecto, en coordinación con outras actuacións que poidan desenvolverse na zona por parte doutras administracións públicas, como poida ser a futura estación de autobuses, a cargo da Xunta de Galicia.

As actuacións incluídas na redacción do proxecto son as seguintes: – Novo edificio de viaxeiros da estación de ferrocarril, este edificio integrarase na praza intermodal deseñada no Anteproxecto, que conectará as estacións de ferrocarril e autobús. Tamén se contempla a súa integración na trama urbana e o paisaxismo da cidade e incluirá un novo paso inferior entre plataformas de uso exclusivo para os viaxeiros do ferrocarril. Novo paso inferior peonil de cidade, que conecte ambos os lados da canle ferroviaria, incluídos os seus accesos, elementos de comunicación vertical e urbanización asociada.

Prestarase especial atención á nova praza intermodal, incluíndo a marquesiña de cubrición da mesma. Todo iso en coordinación coas administracións locais.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com