Adif adxudicou onte, por importe de 1.959.146 euros (IVE incluido), a asistencia técnica para a realización dos estudos e proxectos construtivos necesarios para a electrificación do tramo Monforte de Lemos – Lugo da liña convencional Ourense-Lugo.
A electrificación deste tramo, de 70 quilómetros de lonxitude, permitirá dar continuidade á electrificación xa no servizo do eixe Ourense- Monforte e León-Monforte. Deste modo, conseguirase un incremento na potencia de tracción das circulacións ferroviarias e, por tanto, a reducción dos tempos de viaxe entre Ourense e Lugo. A inversión prevista nesta actuación elévase aproximadamente a 83,5 millóns de euros.
Doutra banda, Adif sacou tamén a licitación a redacción dos proxectos de supresión de 36 pasos a nivel no tramo desta mesma rede Ourense- Monforte de Lemos- Lugo. Os proxectos se dividen en 9 lotes, atendendo a criterios de proximidade e complexidade na solución. Dos 36 proxectos, 30 corresponden a pasos a nivel na liña Palencia – A Coruña e 6 á liña Monforte de Lemos- Vigo.
Os termos municipais nos que se ubican os pasos a nivel son Ourense (2), Sober (1), Monforte de Lemos (5), Sarria (14) e Lugo (14).
“Exemplo de que teremos AVE”
A presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, considera que a adxudicación da redacción destes proxectos, “é un claro exemplo de que o Goberno non deixará a Lugo sen AVE”. A popular fai esta valoración logo de que se fixese público este investimento que se aproxima aos 2 millóns de euros. “Cremos que se trata, sen lugar a dúbidas, dun paso moi importante no desenvolvemento da mellora das comunicacións a través da Alta Velocidade e que pon en valor o compromiso dun Goberno que está a traballar polas demandas dos lucenses e as necesidades da nosa
provincia”, afirma.
Set 21, 2017 - 01:42 PM
Que mentireiros son os Ppeiros, non se modifica ningún trazado, só se electrifica e se suprimen os pasos a nivel.¿A esto chámanlle AVE?