Adif Alta Velocidade seguirá cos traballos para que a Intermodal sexa unha realidade

Adif Alta Velocidade amosouse onte sorprendida pola información aparecida nalgúns medios en relación ás declaracións realizadas pola Conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, nas que afirmou que a Xunta de Galicia en ningún caso “pode acceder” á firma do protocolo para executar a Estación Intermodal de Lugo nas condicións establecidas polo Ministerio de Fomento, porque supón “un retroceso nos compromisos adquiridos”.

Esta sorpresa débese, segundo explican, á evidencia da boa disposición demostrada polas tres administracións implicadas (Xunta de Galicia, Concello de Lugo e Adif Alta Velocidade) despois da reunión de coordinación celebrada o pasado día 30 de xaneiro no Edificio de Novas Tecnoloxías do Concello de Lugo, para pechar o Anteproxecto de creación da Nova Área de Transporte Intermodal de Lugo.

Na devandita reunión estudáronse as catro alternativas que ata o momento viñéronse desenvolvendo para implantar os distintos elementos que van configurar a futura estación intermodal de Lugo, co desexo de alcanzar un acordo para avanzar a partir de agora nunha soa das alternativas expostas. Preténdese por tanto que o Anteproxecto, agora en redacción, sirva como punto de partida e de consenso para todas as Administracións, e tamén para a firma dun futuro Convenio de colaboración que determine de maneira máis precisa as tarefas para executar por cada implicado, así como os custos para asumir por cada unha das partes.

Adif Alta Velocidade advertiu que vai “seguir avanzando no desenvolvemento do protocolo” para a creación da Nova Área de Transporte Intermodal de Lugo que actualmente está en fase de estudo porque considera que esta actuación é moi beneficiosa para os cidadáns lucenses. Por iso, Adif Alta Velocidade asinará o Protocolo co Concello de Lugo e se non hai Protocolo presentarase o Anteproxecto e licitarase o proxecto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com