Adif comprométese con Sarria a electrificar a vía do tren, pór un paso subterráneo e suprimir os pasos a nivel

A Alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez, mantivo hoxe unha reunión de traballo coa Directora Xeral de Explotación e Construción de Adif, Isabel Pardo de Vera, para afondar nas demandas dos sarriáns a este departamento do Estado.

A rexedora socialista trasladoulle o problema de seguridade que dende hai moitos anos sofren os veciños, peregrinos e viaxeiros que utilizan a estación de tren de Sarria tras cortarse un paso que había entre o barrio do mazadoiro e o casco urbano.

“Agora non hai nada, é un barreira física para todos os usuarios que chegan en tren ao noso Concello. Levamos moitos anos reclamando solucións pero nunca se escoitaron as nosas demandas. Agora, co Goberno de Pedro Sánchez, comezamos a ver iniciativas e compromiso, pois dende Adif está a facerse o proxecto para dotar dun paso subterráneo que una Mazadoiro co centro de Sarria e así os usuarios non teñan que cruzar as plataformas da vía. Nas vindeiras semanas, profesionais de Adif trasladaranse a Sarria para explicar as actuacións previstas para facer máis seguro o Concello”.

López Yáñez destacou que esta non será a única actuación por parte da Adif, pois electrificarán da vía e suprimirán os 14 pasos a nivel do Concello, facendo algúns subterráneos e outros elevados. “Farase unha modernización completa das infraestruturas ferroviarias, cun gran investimento por parte de Adif, que mellorará a seguridade dos usuarios e dos veciños de Sarria”.

“Unha vez máis somos os socialistas os que atendemos as necesidades dos veciños de Sarria, por iso, é fundamental que o próximo 28 de abril saquemos unha maioría ampla para seguir desenvolvendo iniciativas que melloren a calidade de vida dos sarriáns”, sinalou a Alcaldesa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com