Adif inicia a instalación de dous ascensores na estación ferroviaria de Lugo

Adif iniciou obras de mellora da accesibilidade na estación ferroviaria de Lugo. A actuación máis importante consiste na instalación de dous novos ascensores xunto ao paso inferior entre plataformas existente na terminal.

Ademais vanse rebaixar en toda a súa lonxitude as plataformas existentes ata a cota de 68 cm sobre vía. Os traballos para facilitar a accesibilidade entre plataforma e tren completaranse co cambio de pavimento das plataformas e a reforma dos seus bordos.

O presuposto total da actuación, ascende a 822.160 euros e conta cun prazo de execución aproximado de 5 meses.

As actuacións consisten na instalación de dous ascensores panorámicos con capacidade para 8 persoas, enfrontados ás embocaduras do paso inferior entre as plataformas existentes na estación. A actuación nas plataformas englobará ademais a reposición de elementos danados, demolidos ou desmontados.

 

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com