Adxudicada a construcción do Centro da Seguridade Social de Viveiro

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, anunciou hoxe que o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social vén de adxudicar a construcción do novo Centro de Atención e Información da Seguridade Social de Viveiro.

Rodríguez indicou que as obras, que contan con un prazo de execución de dez meses, foron adxudicadas por un importe de 844.000 euros á empresa de Foz Construcciones Jesús Naray, tal como publica a Plataforma de Contratación do Estado.

O novo Centro da Seguridade Social de Viveiro construirase nunha parcela propiedade da Tesourería Xeral da Seguridade Social, situada na avenida de Ramón Canosa, número 6, a carón do edificio de Correos e fronte á zona portuaria. Trátase dun solar dotacional do Plan Parcial Lodeiro-Lavandeiras que ten unha superficie de 1.490 m2.

O proxecto prevé a construción dun edificio exento, acristalado e diáfano na zona administrativa, con unha pastilla opaca na parte traseira, na que se ubican os locais técnicos e de servizo. Na parte posterior crearase unha zona de aparcamento con capacidade para 11 automóbiles, 1 praza reservada para discapacitados e área para o estacionamento de motocicletas e bicicletas.

O edificio será rectangular, de aproximadamente 33×14 metros, e con unha única planta. A superficie construída será de 404 m2 e a útil de 368m2, dos que 294 destinaranse a área administrativa, que incluirá zona de atención aos cidadáns e de espera, zona de autoxestión informática a disposición dos cidadáns, vestíbulo, sala de reunión, etc. Os 74 m2 restantes resérvanse para aseos, arquivo, almacén e área técnica.

A construción da nova sede da Seguridade Social, que dá servizo á Mariña Oriental e atende anualmente a 12.000 cidadáns, permitirá liberar espazos que poderán ser utilizados polo Instituto Social da Mariña de Celeiro e polos servizos sociais da Xunta.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com