O Concello de Lugo vén de adxudicar as casetas e caldeiros do polbo do San Froilán ata o ano 2019, que unha vez máis nesta edición se instalarán na rúa Vila de Foz. Ao igual que o ano pasado haberá 4 casetas, quedando máis espazo libre no entorno do Parque. As 3 primeiras casetas foron adxudicadas a Bruxa Consulting S.L. por 28.030,94 euros, 25.027,30 euros e 28.030,94 euros, respectivamente. A cuarta e última foi outorgada a Torre de Núñez por 16.650 euros. Os prezos de saída para as casetas eran de 18.772,79 euros para a número 1, 17.700,06 para a 2, e 16.627,33 euros para a 3 e a 4.
En canto aos caldeiros, Bruxa Consulting S.L. tamén conseguiu os caldeiros número 2, 3 e 4, por 15.043,98 eruos, 18.193,17 eruos e 15.040,20 euros, respectivamente. O primeiro dos caldeiros foi concedido a Francisco Javier Irimia, por 18.193,93 euros. Os prezos de saída para estes caldeiros eran de 11.714, 22 para o número 1, 11.044,84 para o número 2, e 10.375,46 euros para o 3 e o 4.
A montaxe tanto de casetas como caldeiros, cuxas dimensións máximas serán de 33×8,80 metros para as casetas e de 11×4 metros para os caldeiros, poderase iniciar o día 12 de setembro e comezar a actividade o 30, manténdose en funcionamento ata o día 1 de novembro. Todos os postos deberán ter visibles os prezos, que quedan fixados do seguinte xeito:
– 250 gramos de pulpo, 8 euros
– 200 gramos de pan, 1,50 euros
– 200 gramos de cachelos, 1,50 euros
– ¾ de litro de viño de mesa, 4,15 euros