Adxudicados os 27 hortos urbanos que estaban dispoñibles no Paseo do Rato

Este luns adxudicáronse os 27 hortos urbanos que había dispoñibles no Paseo do Río Rato a través dun sorteo celebrado no Salón de Actos do Pazo de San Marcos. Desta forma, a Deputación de Lugo ten asignadas a totalidade das 150 parcelas públicas que pon a disposición da cidadanía gratuitamente nesta contorna para fomentar o lecer saudable e a agricultura ecolóxica.

Nesta quinta fase de adxudicación, os hortos –de 30 metros cadrados cada un- foron concedidos mediante sorteo ás persoas físicas ou asociacións de Lugo e de concellos limítrofes que presentaron a súa solicitude. Entre os requisitos necesarios para optar a estas parcelas, os usuarios non poden convivir con beneficiarios doutros hortos ou posuír terreos con potencialidade de ser cultivados.

As persoas ou entidades que resultaron beneficiadas poderán facer uso dos hortos de maneira gratuíta por un período de dous anos, con posibilidade de prórroga ata un máximo de catro anos. Durante ese tempo, contarán cun servizo de mantemento e de asesoría que a Deputación lles pon a disposición de balde.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com