O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, anunciou que a Xunta de Goberno aprobou este venres a adxudicación dos traballos de conservación da rede viaria da provincia correspondentes a 5 dos 8 lotes nos que está divido este servizo. Farase cun investimento próximo aos 3,2 millóns de euros para tres anualidades, de 2019 a 2021.
Tomé sinalou que “estes 5 lotes aglutinan a 42 concellos das comarcas da Terra Chá, Chantada, A Montaña e Zona Sur, o que supón case o 63% total dos municipios da provincia de Lugo”.
Tomé lembrou que a Deputación licitou conxuntamente o ano pasado os 8 lotes nos que está dividido o contrato de conservación de estradas provinciais por un importe total de 6,4 millóns de euros para o período 2019-2021. “Na Xunta de Goberno de hoxe adxudicáronse 5, e os outros tres están en trámite coa previsión de que poidan adxudicarse neste mes”, sinalou.
En canto ao prego que rexe a contratación deste servizo, inclúense novas cláusulas sociais que defenden os dereitos dos traballadores, favorecen o emprego feminino na obra pública, o emprego fixo e de calidade, á pequena empresa e á protección do medio ambiente.
Os lotes da conservación de estradas adxudicados hoxe son os seguintes:
LOTE 3._ Cospeito, Outeiro de Rei, O Corgo, Baleira, Baralla, Rábade, Meira, Pol, Castro de Rei, Lugo, Castroverde e Láncara
LOTE 4.- Monterroso, Antas de Ulla, Portomarín, O Páramo, Sarria, Paradela, Guitiriz, Begonte, Friol, Guntín e Palas de Rei
LOTE 6.- Becerreá, Cervantes, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro
LOTE 7.- O Courel, O Incio, Samos, Triacastela, Quiroga e Ribas de Sil
LOTE 8.- Monforte de Lemos, Bóveda, A Pobra do Brollón, Sober, Pantón, O Saviñao, Taboada, Chantada e Carballedo