“Se a investigación se detivese hoxe, no ano 2030, no mundo, unha persoa morrería de cancro cada dous segundos”, con esta afirmación como leva, os membros lucenses da Asociación Española contra o Cancro (AECC), recollían hoxe sinaturas na rúa da Raíña como apoio á súa reclamación de adicar máis fondos á investigación contra esta doenza.
Hoxe, Día Mundial da Investigación en Cancro, a AECC pedía a mobilización da sociedade para que o Estado se comprometa a implantar as medidas necesarias para acadar, en 2030, un 70% de supervivencia no cancro. Unha cifra da que, hoxe en día en España, estamos bastante lonxe, rexistrando unha supervivencia do 53%. A asociación pide ao Goberno central que dobre, canto menos, o investimentos en investigación que dedicou ata agora. Reclaman, ademáis, a garantía de que este aumento na contía dediacada ao cancro, se manteña ao longo do tempo.
Para todo esto, hoxe, dende a asociación se mobilizaron e leron un manifesto, acompañados de membros das diferentes administracións, que tamén engadiron a súa sinatura en apoio á causa.