Aelu celebra este vernes o Festival Voces de Muller

Con motivo do 30 aniversario da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo (AELU) e unido ás xornadas de portas abertas do CEI-Nodus organizadas polo Concello de Lugo, terá lugar o Festival Voces de Muller. Un evento co que a asociación pretende fomentar o emprendemento feminino e que se celebrará este venres, día 28 de setembro, na praza do parque de bombeiros.

Un festival que está financiado pola Xunta de Galicia, a Federación de Comercio e o Concello de Lugo e co que colaboran outras entidades. A partir das 11 da mañá, as empresarias abrirán os expositores de venta de productos e servizos; pero non será ata a tarde cando arranquen os obradoiros e concertos.

Así dende as 17.00 horas a música resoará no parque de bombeiros de Lugo, con voces como a de Rut León, Raiceira, Alexandra Pérez ou Barbarian Prophecies, entre outras moitas. Diferentes estilos e sons que terán como obxectivo celebrar a sororidade e o empoderamento feminino entre as empresas da capital.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com