Afundación amplía a exposición «Salvador Dalí, contador de historias» en Lugo

Afundación, a Obra Social de ABANCA, ampliou o período expositivo da mostra «Salvador Dalí, contador de historias» na súa sede de Lugo (praza Maior, 16). Así, poderase visitar ata o vindeiro 5 de maio de luns a venres en horario de 18.00 a 21.00 h.

Máis de 2000 persoas xa gozaron desta exposición conformada por setenta e dous gravados e estampas pertencentes aos chamados ciclos literarios de Dalí, períodos nos que a súa produción combina arte gráfica e literaria dando lugar a ilustracións evocadoras dalgúns dos libros que máis profundamente impresionaron ao pintor de Figueres e que permiten un completo percorrido pola súa iconografía, a simboloxía e a forte personalidade. Todas as pezas proveñen da Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com