Afundación pon en marcha o ciclo de cinema Cinema de outono na súa sede de Lugo (praza Maior, 16) coa proxección, mañá martes 14 de novembro, a partir das 20.00 h, do filme Yves Saint Laurent. A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade.
Todos os filmes que conforman este ciclo viran en torno ao mundo das artes e están protagonizadas por referentes da fotografía, a música, o cinema, a escultura e a moda. Yves Saint Laurent (2014), de Jalil Lespert, é un filme francés ambientado en París en 1957, ano no que comeza a lenda de Yves Saint Laurent cando, aos seus 21 anos, recibe o encargo de supervisar a gran casa da moda fundada polo falecido Christian Dior.
As seguintes sesións programadas dentro deste ciclo na Sede Afundación de Lugo serán o 21 de novembro coa proxección de Retrato de una obsesión, o 28 de novembro con Hitchcock, o 12 de decembro con Camille Claudel 1915 e pecharase o 19 de decembro con Across the universe.