Afundación inaugura mañá na súa sede de Lugo a exposición fotográfica Oficios entre lusco e fusco, composta por obras de Xosé Abad. Esta mostra, de entrada libre e gratuíta, poderase visitar ata o vindeiro 5 de xaneiro de luns a venres en horario de 18.00 a 21.00 h na Sede Afundación de Lugo (praza Maior, 16).
As fotografías amosan oficios tradicionais que están a piques de desaparecer e teñen como obxectivo facer reflexionar sobre a desaparición de moitas destas profesións pola mecanización do traballo e a produción en masa no ámbito da sociedade de consumo, ensinando como a calidade da produción, a experiencia como garantía ou a consideración cara aos profesionais, son valores que están en claro retroceso.