Afundación inicia unha nova edición do ‘Fálame da emigración’

Afundación, a Obra Social de ABANCA, pon en marcha unha nova edición do seu programa Fálame da emigración, no que maiores voluntarios e alumnos de centros escolares de toda Galicia dialogarán sobre vivencias na emigración. A iniciativa enmárcase na liña estratéxica O valor da experiencia, da Área de Envellecemento Activo de Afundación, que ten como obxectivo ampliar as oportunidades de participación e de contribución social das persoas maiores, aproveitando o seu talento e a súa experiencia vital e profesional, a través de programas interxeracionais e de voluntariado, que beneficien outros grupos da sociedade.

Nesta nova edición, a cuarta, Fálame da emigración desenvolverase en centros escolares situados nas localidades onde Afundación ten un Espazo +60 —as sete principais cidades galegas e noutras catro poboacións (Viveiro, Betanzos, Pontedeume e Monforte)—, coa participación de estudantes de ESO. O programa está aberto a todos aqueles institutos que queiran participar no proxecto, coa incorporación continuada de novos voluntarios que viviron a experiencia da emigración.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com