Afundación organiza unha sesión de contacontos interxeracional en Lugo, Viveiro e Monforte

Afundación continúa coas actividades programadas para a conmemoración do Día das Letras Galegas, este ano dedicado ao escritor Carlos Casares. A actividade principal é unha sesión de contacontos interxeracional, que se levará a cabo en Lugo, Viveiro e Monforte, na que socios e socias dos Espazos +60 da entidade e nenos e nenas de educación infantil descubrirán xuntos o conto A galiña azul, unha obra que Carlos Casares escribiu para que Ana, unha rapaza que abandona Galicia xunto aos seus pais, nunca se esqueza do galego nin desta terra.

Así, a primeira xornada de contacontos interxeracional será o vindeiro xoves 18 de maio, a partir das 10.00 h, na Sede Afundación de Lugo. Nela participarán voluntarios e voluntarias do Espazo +60 Afundación de Lugo que pertencen ao Club de Lectura do centro e 25 escolares de 5 anos do CEIP Menéndez Pelayo.

A seguinte sesión será o día 19 de maio en Viveiro. Nesta ocasión 3 socios e socias do Espazo +60 da vila representarán o conto para 48 nenos e nenas de entre 3 e 5 anos do CEIP Antonio Pedrosa de Viveiro. A actividade comezará ás 10.00 h e farase no propio centro escolar.

Finalmente, a última sesión de contacontos interxeracional na provincia de Lugo terá lugar en Monforte o 29 de maio. A partir das 10.30 h, 54 nenos e nenas de educación infantil do CEIP de Monforte coñecerán A galiña azul da man de 4 socios e socias do Espazo +60 Afundación de Monforte.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com