Afundación presenta en Lugo a faceta máis literaria de Dalí

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta na súa sede de Lugo (praza Maior, 16) a exposición Salvador Dalí, contador de historias, conformada por setenta e dous gravados e estampas pertencentes aos chamados ciclos literarios de Dalí, durante os que o artista combinaba as artes gráfica e literaria dando lugar a ilustracións evocadoras dos libros que máis o impresionaron, e que permiten realizar un completo percorrido pola iconografía, a simboloxía e a forte personalidade do seu autor.

As pezas que se presentan nesta exposición proveñen da Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, que colabora con Afundación na realización deste proxecto cultural, que se abrirá ao público o vindeiro 1 de febreiro ata o 21 de abril, de luns a sábado en horario de 18.00 a 21.00 h.

A mostra, comisariada por Gloria Patón e coa coordinación de Charo Sanjuán, centra a mirada en estampas e gravados que viran ao redor de Pantagruel, de François Rabelais, Le bestiaire, de La Fontaine, e El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha, de Miguel de Cervantes. É unha das facetas máis descoñecidas de Salvador Dalí, e a través dela plasmou a súa iconografía persoal e a súa obsesión polos detalles, ilustrando a comedia humana, o comportamento ridículo, pero non menos real, do home no mundo e na historia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com